GATO GUILLE E OS MONSTROS
Autor : MARTINEZ, ROCIO
ISBN : 978-84-8464-555-9
Categoria : KALANDRAKA
Colección : N/D
Edición : No Disponible
Tipo : FONDO
Páginas : 40
Idioma : No informado
PVP : 14,00€

Gato Guille estaba xogando na súa habitación. De súpeto escoitou un ruido estrano: Fiiiuuuuu fiiiuuuu... Asustouse moito e saiu correndo. Este álbum aborda un tema interesante e habitual nos nenos: o medo. Gato Guille é incapaz de quedar só xogando porque atérranlle os ruidos estranos: o aire que entra pola fiestra, a lavadora, o ascensor, a cisterna que pinga... Calquera son alleo convértese, na súa imaxinación, nun monstro que pode atacalo. A súa reacción consiste en fuxir na procura da protección da nai. Mamá Gata é a súa única fonte de seguridade e, avanzando a historia, o lector comprobará que tamén é a única capaz de disiparlle os temores. Porque acaba sendo a nai quen se alarme cos ruidos que previamente atemorizaran a Guille. Daquela o gatiño axudaralle a perder o medo tomándoa da man e dándolle unha explicación razoable a cada suceso.

RELACIONADOS POR AUTOR


RELACIONADOS POR TEMÁTICA


Logos